a-nosa-reconquistaa.jpg
Celtismo

O club lanza a campaña ‘A Nosa Reconquista’ para o partido do sábado

RC Celta

O RC Celta lanza a campaña ‘A Nosa Reconquista’ para o vital partido do próximo sábado ante o Villarreal. É o encontro máis importante da tempada e o estadio lucirá unha imaxe inmellorable tras esgotarse este luns todas as invitacións e entradas.

É un encontro que non dura só 90 minutos, senón que se ten que xogar desde moito antes. Para iso, o club anunciará nas próximas horas numerosas accións e actividades para que a comuñón entre equipo e afección sexa total desde moito antes do asubío inicial.

O RC Celta xógase moito máis que tres puntos ante o Villarreal e para alcanzar a vitoria será indispensable o inesgotable apoio dos afeccionados. #XuntosSomosCelta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas