O club pon á venda este martes unha nova remesa de entradas para o partido ante o Real Madrid

A unión entre afección e equipo demostrou este domingo ante o Sevilla que non hai nada imposible. Horas antes, os afeccionados celestes esgotaron as localidades dispoñibles para o partido que o RC Celta disputará este domingo no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid.

A partir deste martes, o club pon a disposición exclusivamente dos seus abonados unha nova remesa de 125 entradas para a bancada visitante. Aqueles que desexen presenciar o choque deberán adquirir nas billeteiras do estadio unha entrada ao prezo de 35 euros e poderán anotarse de maneira gratuíta para viaxar en autobús. Poderán, ademais, viaxar cun acompañante coa entrada ao mesmo prezo de 35 euros.

Os horarios para realizar os trámites de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Os autobuses partirán cara a Madrid desde o estadio celeste o domingo ás 8.00 horas e regresarán ao mesmo punto unha vez finalizado o partido.

Vantaxes e iniciativas para os abonados

O RC Celta puxo en marcha nas últimas semanas numerosas iniciativas e vantaxes dirixidas aos seus abonados para fomentar a indispensable unión entre equipo e afección, desde invitacións e bufandas para nenos no partido ante Osasuna, entradas a 5 euros para os abonados para calquera bancada no encontro contra o Eibar, onde ademais incentivouse o recibimento ao equipo cunha previa na Bancada Siaeiros con alimentos e bebida gratuítos, até habilitar sen custo para os abonados autobuses a Valencia con entradas a prezo reducido ou a máis recente de proporcionar dúas invitacións a cada abonado para o choque deste domingo ante o Sevilla.