O defensa David Costas, ao redor de seis semanas de baixa

Malas noticias para o RC Celta. O defensa David Costas permanecerá unhas seis semanas de baixa debido a unha rotura fibrilar no recto anterior da súa coxa dereita. A ecografía realizada onte polos servizos médicos do club confirmou o primeiro diagnóstico. O xogador celeste xa se atopa baixo tratamento.