O derbi vigués regresa á 2ªB sen goles

lista_coruxo_celta_b.jpg

O Celta B continúa invicto e co casilleiro de goles en contra a cero tras disputarse tres xornadas

 

O Celta B segue os pasos do primeiro equipo na súa aposta futbolística. O filial sente cómodo co balón e sabe movelo con bo criterio. Os célticos enfrontáronse a un Coruxo cunha formulación defensiva moi efectiva que afogou a finalización das ofensivas celestes, un conxunto co que o Celta B sempre tivo difícil colleitar puntos.

 

O filial superou claramente ao rival na posesión desde o asubío inicial. A primeira ocasión non tardou en chegar. No minuto 4 unha boa asistencia de Aitor a Iglesias a piques estivo de supor o primeiro tanto da tarde. Fernando anticipouse e rexeitou o remate do dianteiro celeste.

 

O Coruxo permitiu que o seu opoñente tivese o esférico, conténdoo no seu propio campo e apostando por transicións rápidas ao recuperar o balón. Ao Celta B custoulle volver xerar oportunidades, pero mediada a primeira parte comezaron a chegar. No minuto 25 Yelko rematou desviado un gran saque de esquina de Goldar ao segundo pau. Pouco despois Añón cabeceou preto do poste.

 

Foron os mellores momentos do filial, que o tentou de todas as maneiras posibles. No minuto 31 Antón de Vicente sorprendeu cun potente disparo afastado que ía directo á portaría. Fernando estirouse con acerto para evitar o 0-1. O porteiro do Coruxo volvería ser protagonista no seguinte intento do Celta B. Remate de Javi Rey a media volta que o gardameta local despexou coa punta das luvas.

 

Tras a avalancha celeste chegou a gran ocasión do Coruxo. Disparo de Mella ao traveseiro e rexeite no que os locais non logran definir. Unha boa dobre ocasión no primeiro achegamento á portaría de Rubén Blanco.

 

Cando o encontro aproximábase ao descanso a polémica alagou o campo de O Vao. O colexiado expulsou con vermella directa a Fernando, porteiro local, por unha man fose da área inexistente. O gardameta suplente, Brais, entrou no terreo de xogo en substitución de Cifuentes, damnificado dunha decision arbitral desafortunada.

 

O derbi volveuse eléctrico no comezo do segundo período. Nada máis arrincar, o Celta B plantouse na área pequena do Coruxo. Maceira enviou un centro raso que ninguén chegou a rematar. Os verdibrancos, a pesar de estar en inferioridade, chegaron á segunda parte coas forzas renovadas.

 

No minuto 57 Antúnez executou unha falta ao bordo da área céltica que estrelou contra a barreira, pero o árbitro indicou xogo perigoso de Soto ofrecendo ao Coruxo un segundo intento para facer dano a balón parado. Na segunda falta a zaga celeste despexou o lanzamento de Bicada, acción na que reclamouse man de Javi Rei dentro da área.

 

O Coruxo instalouse en campo propio buscando conter as arremetidas do Celta B e saír á contra. O equipo de David de Dios roldou a área rival incesantemente, con boas oportunidades como un remate de cabeza de Yelko, pero o substituto de Fernando baixo paus, Brais, destacou no seu debut con boas intervencións. O filial celeste dominou o encontro até o final, ofrecendo claras mostras do nivel futbolístico que poden chegar a dar, pero que en O Vao non foi suficiente para levar o tres puntos.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-CORUXO: Fernando, Damià, Claudio, Yago Yao, Alberto García, Cifuentes (Brais p.s., min.44), Antúnez, Besada, Mella (Sergi, min.46), Centrón e Chaco (Dani, min.84)

 

0-CELTA B: Rubén, Soto (Marcos Torres, min.73), Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez (Borja Fernández, min.64), Javi Rey, Yelko Pino, Añón, Borja Iglesias e Aitor (Fernán, min.69)

 

Goles: sen goles

 

Árbitro: Areces Franco, do comité asturiano. Amonestou aos celestes Yelko Pino, Soto, Maceira e Aitor. Expulsou con vermella directa a Fernando, porteiro do Coruxo (min.44)

 

Campo: O Vao

Leave a Reply

five × three =