O dianteiro celeste Iago Aspas, de catro a cinco semanas de baixa

A ecografía realizada polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Iago Aspas confirma o diagnóstico inicial e desvela que o canteirán sofre unha rotura de fibras no xemelgo interno da súa perna dereita. O periodo de baixa será de catro a cinco semanas.