O dianteiro celeste Welliton xa está en Vigo

Welliton_-_Peinador_010214.jpg

O brasileiro, que aterrou esta tarde no aeroporto de Peinador, será presentado este domingo

 

Welliton Soares xa está en Vigo. O último reforzo celeste no mercado invernal aterrou no aeroporto de Peinador (Vigo) este sábado pola tarde, onde foi recibido por membros do club vigués. O futbolista brasileiro, que á súa chegada posou sorinte ante os medios gráficos, será presentado este domingo ás 17:00 horas no estadio de Balaídos. Os afeccionados poderán acceder á bancada para dar a benvida ao novo xogador do Real Club Celta.

 

Fotografía: Marta Grande

Leave a Reply

twenty − one =