O División de Honra supera ao Areosa e continúa líder

escudo_grande.jpg

 

Os canteiráns venceron 4-2 con goles de Varela, Quiles, Padín e Manu Vilán

 

O Celta Xuvenil de División de Honra venceu 4-2 ao Areosa este domingo na Madroa. Os celestes, superiores ao rival, adiantáronse no marcador con goles de Fede Varela e Quiles no primeiro tempo.

 

A falta de quince minutos para o final un tanto do céltico Padín parecía sentenciar o encontro co 3-0, pero o cadro visitante deu emoción ao envite ao reducir distancias con dúas dianas nos seguintes minutos. Un gol de Manu Vilán no tempo de desconto redondeou o resultado.

Leave a Reply

12 − seven =