O equipo visita aos novos futbolistas de AFAVI e Escolas Fundación Celta






Un ano máis, e como vén sendo costume nestas datas, os xogadores do RC Celta comezaron a visitar os distintos equipos asociados a AFAVI, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, así como aos rapaces das escolas da Fundación Celta. Estes encontros cos novos futbolistas da comarca, que se celebran hoxe martes e mañá mércores, forman parte das diferentes iniciativas que o RC Celta leva a cabo cada tempada para achegar o equipo celeste aos afeccionados, nesta ocasión da man da Fundación Celta.