O Espanyol, o segundo “favorito” de Aspas para marcar gol

aspas_gol_celebracion_balaidos_celta_espanyol_liga_2016_2017.jpg

 

O RC Celta disputa a cuarta xornada de Liga en Cornellà-O Prat, o campo do RCD Espanyol, un equipo ante o que Iago Aspas adoita afinar a súa puntaría segundo o que reflicten as estatísticas. O canteirán celeste marcou 4 goles nos 7 partidos que xogou contra o cadro perico, un dato que converte ao Espanyol, empatado coa Real Sociedad, no segundo equipo ao que máis dianas endosou o de Moaña en Primeira División. Só ao Granada, con 6 tantos, marcoulle máis na máxima categoría do fútbol español.

 

O idilio de Aspas co Espanyol comezou, curiosamente, vestindo unha camiseta distinta á do Celta. O seu primeiro tanto aos barceloneses asinouno na 2014/2015 durante a súa etapa no Sevilla FC. Foi no Sánchez Pizjuán, ao fío do asubío final, e supuxo a vitoria por 3-2 dos sevillanos. Xa de volta no Celta, Aspas marcou na 2015/2016 un gol na primeira volta en Vigo e outro na segunda en Barcelona, mentres que na 2016/2017 ‘só’ foi capaz de perforar a portaría espanyolista unha vez, en Balaídos.

 

Tres tempadas seguidas marcando ao Espanyol. Seguirá coa súa serie o luns?

Leave a Reply

eleven + nineteen =