O extremo Juan Hernández, cedido ao Cádiz esta tempada

O RC Celta e o Cádiz CF pecharon hoxe un acordo para a cesión ao conxunto gaditano do extremo Juan Hernández para a presente tempada 2018/2019.

O club deséxalle ao atacante celeste un gran éxito nesta campaña co equipo andaluz en Segunda División.