O FC Barcelona, rival do Celta en oitavos da Copa

Apenas tres días despois de colleitar un gran empate no Camp Nou, o FC Barcelona volve cruzarse no camiño do RC Celta. O sorteo de oitavos de final da Copa do Rei, celebrado este martes na Cidade Deportiva de Las Rozas, deparou un novo enfrontamento entre blaugranas e celestes.

Con datas e horarios aínda por confirmar, a ida xogaríase en Balaídos o 3 de xaneiro e a volta no Camp Nou o 10 do mesmo mes.