Hemeroteca canteira

O filial cae con contundencia ante o campión de Terceira

RC Celta

O Racing de Ferrol foi superior a un Celta B que pouco pudo facer para evitar o 4-0

 

 

O Celta B caeu na Malata ante o líder da categoría. O conxunto celeste viuse superado polo Racing, que no minuto 17 púxose por diante no marcador por medio de Pablo Rei, que cabeceou en ferro para pór o 1-0.

O resto de goles quedaron para o segundo tempo. Marcos Álvarez anotou tras unha boa recuperación e pase de Dani Rodríguez. Case sen tempo para reaccionar, o colexiado sancionou un penalti máis que dubidoso sobre Héber. Barreiro executou a pena máxima que supuxo o 3-0.

Os vigueses esforzáronse por recortar diferenzas e sobreporse a un marcador moi contundente. Con todo, foron os departamentais os que volveron atopar o gol. No minuto 61 Barreiro volveu anotar, tras unha boa contra do equipo local.

Esta derrota non altera a posición na táboa do Celta B, que xa tiña asegurada a segunda praza que lle permitirá loitar polo ascenso a Segunda División B nos playoffs.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

 

4 – RACING: Camacho, Comesaña, Antonio, Pérez, Jesús Varela, Dani, Forte (Iago, min 63), Marcos Álvarez (Chicho, min 71), Pablo Rey, Héber e Manu Barreiro (Jorge Rodríguez, min 69)

 

 

0 – CELTA B: Óscar, Kevin, Víctor Vázquez, Sergio Maestre (Aitor, min 62), Maceira, Benja (Moreira, min 62), Antón de Vicente, Borja, Añón, Rubén Martínez (Félix, min 62) e Camochu

 

 

Goles: Pablo Rey, min.17 (1-0); Marcos Álvarez, min.52 (2-0); Barreiro, min.57 (3-0); Barreiro, min.61 (4-0)

 

 

Árbitro: Del Río Amor. Sancionou a Forte, Chicho, Víctor Vázquez, Kevin, Añón, Rubén Martínez, Antón de Vicente e Maceira

 

 

Campo: Estadio Municipal de A Malata (1.000 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas