Hemeroteca canteira

O filial golea ao Bergantiños por 4-0 cun ‘hat-trick’ de Santi Mina

RC Celta

Celta_B_-_Bergantiños.jpg

p>

O dianteiro estreouse como goleador do Celta B con tres bos goles. Benja anotou o outro tanto

 

Santi Mina respondeu de maneira espléndida á súa titularidade ante o Bergantiños. Tan só transcorreran 6 minutos cando o dianteiro demostrou o seu olfacto goleador ao rematar un balón morto na área, tras saque de falta dos celestes.

 

O rival reaccionou ao temperán golpe vigués e foise arriba decidido a recortar diferenzas canto antes. O Bergantiños gozou de varias ocasións para conseguir a igualada, a máis clara desbaratada por unha gran intervención do porteiro celeste Óscar de Santiago.

 

Tras a continuación e conforme avanzaba o cronómetro, o conxunto olívico comezou a levar o peso do partido ante un opoñente serio que mantiña un xogo moi intenso e por momentos foi capaz de inquietar á zaga céltica.

 

No últimos dez minutos o Celta B incrementou a súa presenza ofensiva ante un rival canso polo gran desgaste físico realizado. No 84 Benja, que substituíra a Camochu dez minutos antes, definiu con gran calidade para dar inicio á quenda final de goles. Un minuto despois Santi Mina marcou o 3-0 tras unha asistencia de Benja. O gran partido do novo dianteiro céltico non terminaría aí. No minuto 89 completou a súa estrea como goleador do filial co gol do ‘hat-trick’.

 

FICHA TÉCNICA

4-CELTA B: Óscar, Marcos, Maceira, Víctor Vázquez, Maestre, Antón, Félix (Añón, min.66), Borja, Camochu (Benja, min.74), Aitor (Rubén Martínez, min.66) e Santi Mina

 

0-BERGANTIÑOS: Varela, Peña, Cardelle (Gigirey, min.84), Alexandre (Ekedi, min.60), Ballo, Sergio, Chechu, David García, Toño, Amor (Josiño, min.60) e Figueiras

 

Goles: 1-0, Santi Mina (min.6); 2-0, Benja (min.84); 3-0, Santi Mina (min.85); 4-0, Santi Mina (min.89)

 

Árbitro: Leiras Martínez. Amonestou aos visitantes Josiño e Ekedi

 

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas