O filial inicia a pretemporada cunha goleada ante a SD Compostela (0-4)

Foto: SD Compostela

O RC Celta B disputou este mércores en Santiago o seu primeiro partido de pretemporada ante a SD Compostela con motivo do IV Memorial Antonio Bermúdez e que saldou cunha contundente vitoria dos pupilos de Jacobo Montes (0-4). O filial, con moitas caras novas, impúxose no estadio Vero Boquete con goles de Apeh, Manu Farrando, David Álvarez e Obama.