Novas canteira

O filial suma un punto no seu primeiro partido da temporada como visitante

RC Celta

celta_b_gimnastica_segoviana_2017_2018.JPG

 

O Celta B mantense invicto tras a disputa das dúas primeiras xornadas ligueiras da tempada. Despois do traballados tres puntos sumados no debut en Barreiro ante o Pontevedra, os de Albés lograron asinar un empate sen goles no campo da Gimnástica Segoviana.

 

Os locais resultaron ser un rival de máxima esixencia e o campo de La Albuera viviu un duelo de intensidade de principio a fin. O filial celeste recibe na próxima xornada á Unión Adarve, conxunto que ata agora logrou dous empates na competición.

 

FICHA TÉCNICA

CELTA: Sotres, Ros (Mangana, min.76), Robert, Alende, Pampín, Solís (Molina, min.66), Marchán, Medina (Eckert, min.63), Brais, Drazic, Juan Hdez.

 

Goles: sen goles.

 

Campo: La Albuera.

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas