O Fundación Celta Integra álzase co título en LaLiga Genuine

Profunda ledicia no RC Celta e Fundación polo brillante título de campión do grupo “Deportividad” de LaLiga Genuine conseguido por parte de Fundación Celta Integra tras asinar un pleno de triunfos na presente tempada. O equipo celeste logrou tres novas vitorias na fase final de Valencia que lle permitiron sumar máis puntos que ningún outro club participante.

Ao longo da presente campaña, o Celta Integra conseguiu derrotar á SD Eibar, Real Sociedad, RCD Espanyol, Real Oviedo, CD Lugo, Athletic Club, RCD Mallorca, Rayo Vallecano, CA Osasuna, Albacete e Nástic de Tarragona.

LaLiga Genuine Santander é unha iniciativa integradora de responsabilidade social e pioneira no mundo, organizada por LaLiga a través da súa Fundación, consistente nunha Liga de fútbol integrada por equipos do colectivo DEI (persoas con discapacidade intelectual).

Fundación Celta Integra é unha iniciativa posta en marcha pola Fundación Celta. O equipo, que conta actualmente con 25 xogadores, participa de maneira asidua en torneos da Federación Galega de Deporte Adaptado e en LaLiga Genuine, unha competición a nivel nacional da que xa son campións.