O Fundación Celta Integra gaña a ‘Marosa Cup 2019’

O Fundación Celta Integra de LaLiga Genuine xogou esta fin de semana os seus primeiros partidos da tempada tras dúas semanas de adestramentos. A cita foi en Burela para disputar a Marosa Cup 2019, – torneo organizado polo AFD Porto de Burela- celebrada do 27 ao 29 de setembro e que xa vai pola súa quinta edición tendo como novidade a presentación da categoría Genuine.

O vixente campión de LaLiga Genuine fíxose co título tras vencer ao Dépor Genuine por tres goles a un e ao CD Lugo por dous tantos a un. A cita puxo punto final cunha comida de confraternidade entre os equipos participantes.