O fútbol castiga ao RC Celta (2-1)

O fútbol castigou ao RC Celta este mércores en Sevila (2-1). O club vigués tivo o xogo e as ocasións pero foi o Betis o que levou a partido mercé á súa efectividade na área de Rubén Blanco.

A primeira metade estivo dominada polo conxunto celeste, que acumulou numerosas chegadas á área local. Con todo, o Betis o que se adiantou no marcador por medio de Emerson no tramo inicial. A partir de aí, os de Fran Escribá gañaron metros no terreo de xogo e meteron ao equipo local no seu propio campo.

O RC Celta fíxose amo e señor do partido no segundo tempo. Os xogadores do conxunto vigués dispuxeron de múltiples chegadas ata que Iago Aspas estableceu a igualada desde o punto de penalti. No engadido Fekir estableceu o 2-1 definitivo.

FICHA TÉCNICA

2 – Real Betis: Joel; Emerson, Mandi, Bartra (Lainez, min 78), Feddal, Álex Moreno; Ismael (Loren, min 67), Canales; Fekir, Joaquín (Guardado, min 60); Iglesias

1 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Aidoo, Araujo, Juncà; Rafinha (G. Fernández, min 87), Beltrán, Lobotka, Denis Suárez (Bermejo, min 85); Santi Mina (Brais, min 46), Aspas

Goles: 1-0 Emerson, min 7, 1-1 Iago Aspas, min 69; 2-1 Fekir, min 90;

Árbitro: Jesús Gil Manzano, do comité extremeño. Amoestou a Feddal, Guardado, Ismael, Borja Iglesias, Emerson, Joel (Real Betis) e a Araujo (RC Celta)

Campo: Benito Villamarín: