O galego Javier Veiga presentará o evento de inauguración de A Sede

A poucos días para a celebración dun feito histórico, a chegada do RC Celta ao centro da cidade coa apertura da súa nova sede social, comezan a desvelarse os detalles da xornada festiva que o celtismo e todos os vigueses gozarán na contorna da Rúa do Príncipe ao longo do sábado 17 de marzo. O primeiro deles, o nome do mestre de cerimonias: o actor galego Javier Veiga.

Natural do Grove e celtista confeso, Javier Veiga conta ás súas costas cunha sólida traxectoria en teatro, cinema e televisión. Coñecido pola súa faceta de monologuista, a súa participación en series e películas de éxito como “7 vidas” ou “O ano da garrapata” ou por presentar “El Club de la Comedia”, o grovense encargarase de conducir o evento principal na tarde-noite do sábado 17 de marzo, que contará con actuacións musicais, a presenza do primeiro equipo e moito máis.