O Infantil A gaña o Footvia International Tournament sen coñecer a derrota

infantilachiprecampeon.JPG

O Celta Infantil A proclamouse este sábado en Barcelona campión do Footvia International Tournament. Fíxoo ademais colleitando uns resultados impresionantes. O equipo adestrado por Álex Otero levantou o trofeo de gañador tras asinar un pleno de vitorias tanto na fase de grupos como en cuartos, semifinal e final, acumular 47 goles a favor e encaixar tan só 1 en contra.

 

FASE DE GRUPOS

Celta 7-0 YTFA Barcelona

Celta 6-0 The Quality

Celta 8-0 FC Argentona

Celta 3-0 FE Gramanet

 

CUARTOS DE FINAL

Celta 13-0 Premier Barcelona

 

SEMIFINAL

Celta 3-1 FE Gramanet

 

FINAL

Celta 7-0 The Quality

Leave a Reply

eighteen + 15 =