O Infantil B clasifícase aos cuartos do Torneo de Gyeongju

infantilbcorea2016

 

O Celta Infantil B está a ofrecer un gran rendemento na que é a súa terceira participación no torneo Gyeongju International Youth Football. Os canteiráns celestes clasificáronse para os cuartos de final tras vencer a 1-2 ao Hwarang coreano, 3-1 ao Yaotaisho xaponés e 5-0 ao AKFF australiano a falta de disputar o terceiro encontro da fase de grupos, ante o Ichinomiya nipón, que se resolveu este luns cun novo triunfo vigués por 1-0.

 

Os da Madroa finalizan a primeira fase como primeiros de grupo e nos cuartos de final veranse as caras cun dos pesos pesados da competición, os Santos brasileiro. O choque terá lugar este martes e, en caso de vencer, as semifinais xogaríanse á tarde. A final do torneo está programada para o mércores.

Leave a Reply

4 × 4 =