O Infantil B pon rumbo á Dubai International Football Cup

infantilb1617dubai.jpg

 

O Celta Infantil B non se detén. Tras proclamarse campión do Torneo Internacional Real Sociedade este luns, hoxe fixo as maletas de novo para pór rumbo a Dubai, onde a partir do 21 de abril xógase a U13 Dubai International Football Cup. O Celta coincidirá neste prestixioso torneo con equipos punteiros como o Real Madrid ou a AC Milan.

 

Encadrado no Grupo C da competición, o Celta xogará na primeira fase contra o AFA Angola, CAF e Al Fateh. Os dous primeiros de cada un do tres grupos pasarán á rolda de cuartos de final.

Leave a Reply

four × 5 =