Novas canteira

O Infantil B, subcampión do Gyeongju International Tournament

RC Celta

infantil_b_subcampeon_gyeongju_2017.jpg

O Celta Infantil B rozou o título no prestixioso Gyeongju International Tournament (Corea do Sur). Os celestes, que na súa cuarta participación neste torneo alcanzaron por primeira vez a final do torneo, caeron no partido polo título ante os Santos FC brasileiro por 5-0.

 

A pesar da derrota, o papel do Celta nesta competición foi sobresaliente. O bo facer dos canteiráns queda reflectido nos títulos individuais: José Balsa foi premiado como mellor defensa e Álex Cid como mellor xogador do torneo. O club felicita a todo o plantel e corpo técnico pola súa excelente participación no Gyeongju International Tournament.

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas