O inicio do RC Celta-Atlético retrásase ás 18:30

LaLiga comunicou este martes a modificación do horario correspondente ao partido da xornada 3 entre RC Celta e Atlético de Madrid no estadio ABANCA Balaídos. O encontro, programado inicialmente para as 16:15, comezará finalmente ás 18:30, un cambio motivado pola previsión de temperaturas.