O internacional eslovaco Robert Mazan reforza a defensa celeste ata 2022

O RC Celta fortalece o seu defensa coa incorporación do internacional eslovaco Robert Mazan, lateral esquerdo que chega procedente do MSK Zilina para vestir a celeste ata xuño de 2022.

Con tan só 23 anos e un prometedor futuro por diante, Mazan (Trencin, 1994) acumula 131 partidos na máxima división do fútbol eslovaco. O defensa zurdo, de vocación ofensiva, militou en varios equipos do seu país como o AS Trencin, FK Senica, Podbeskizie e MSK Zilina, vixente campión de liga.

Con este último conxunto da Fortuna Liga, Mazan foi titular indiscutible nos 19 partidos da 2017/18 disputados ata agora, sendo substituído en tan só dúas ocasións e acumulando 1.662 minutos sobre o terreo de xogo. Internacional con todas as categorías da Selección de Eslovaquia desde a Sub-15, Mazan debutou coa Absoluta en outubro do ano pasado.

O xogador eslovaco incorporarase de inmediato á disciplina do persoal celeste, na que se reencontrará con Stanislav Lobotka. Ambos os futbolistas coincidiron no AS Trencin e en diferentes categorías da Selección Eslovaca.

Mazan será presentado antes os medios e a afección o luns 8 de xaneiro ás 13:15 horas en Balaídos co dorsal 15 na súa camiseta.