O lateral do filial Kevin, operado de maneira satisfactoria dunha rotura de menisco

kevin-camiseta.jpg

O zagueiro foi intervido no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima

 

O lateral do Celta B Kevin foi intevido de maneira satisfactoria no Hospital Vithas Nuestra de Fátima da rotura que sufriu no corno posterior do menisco interno do xeonllo dereito, operación que realizou o médico celeste Mario Galán mediante artroscopia. O futbolista céltico permanecerá de baixa un periodo aproximado de seis semanas.

 

O club quere enviarlle ao central unha mensaxe de ánimo e desexarlle unha pronta e completa recuperación.

Leave a Reply

eighteen − 11 =