O lateral zurdo Samu xogará cedido no Barcelona B

 a_samu_araujo_celta_b_2016_2017.JPG

 

O lateral esquerdo celeste Samu Araujo comunicoulle hoxe ao RC Celta a súa intención de xogar a tempada 2017/2018 no Barcelona B en condición de cedido. O xogador manifestou a súa vontade de utilizar a potestade de xogar cedido en Segunda División, incluída no seu contrato, e non comezar a pretempada este luns nas instalacións deportivas de A Madroa.

 

Samu era un dos canteranos designados polo Real Club Celta para realizar a pretempada co primeiro equipo ás ordes de Juan Carlos Unzué e de feito o club descartara a posibilidade de contratar a un lateral esquerdo trala non continuidade de Carles Planas. Trala decisión de Samu Araujo, o extremo Diego Pampín incorporarase este luns á pretempada do primeiro equipo xunto aos canteiráns Brais Méndez, Iván Villar e Diego Alende.

Leave a Reply

three + fourteen =