O Leganés visita ABANCA Balaídos o venres 14 de decembro

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 16 do campionato de Primeira División. O RC Celta recibirá ao CD Leganés en ABANCA Balaídos o venres 14 de decembro ás 21:00, no que será o último partido do ano no estadio vigués. beIN Sports LaLiga retransmitirá o choque en directo. Consulta o resto de horarios confirmados AQUÍ.