O Marbella FC, primeiro rival do Celta B na Fase de Ascenso a Segunda






O Celta B enfrontarase ao Marbella FC na primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a Segunda División. O sorteo celebrado este luns na sede da RFEF en Las Rozas emparellou aos galegos co conxunto andaluz, subcampión do grupo catro.

O partido de ida disputarase o domingo 20 de maio en Barreiro e a volta o seguinte fin de semana en Marbella. Se o filial celeste supera esta eliminatoria deberá afrontar outras dúas para alcanzar o ansiado ascenso á categoría de prata.