O martes 5 sortéanse os oitavos de Copa do Rei

O Celta continúa adiante na Copa do Rei tras eliminar á SD Eibar. Os celestes estarán no bombo de oitavos de final, dos que sortearanse os cruces o próximo martes 5 de decembro ás 13:00 na Ciudad Deportiva de Las Rozas, un acto que poderá seguirse en directo a través da web e redes sociais da RFEF.

Entre os posibles rivais do Celta atópanse once equipos de Primeira División, dous de Segunda División e dous de Segunda División B: Alavés, Atlético, Barça, Espanyol, Las Palmas, Leganés, Levante, Real Madrid, Sevilla, Valencia, Villarreal, Cádiz, Numancia, Lleida e Formentera.