Hemeroteca celtismo

O Museo do Celta abre as súas portas durante o mes de agosto

RC Celta

museocelta.jpg

O acceso será gratuito para abonados do club e colaboradores da Fundación Celta

 

A Fundación Celta de Vigo, no marco das actividades de promoción do patrimonio histórico e deportivo celeste, abrirá as portas do Museo do Real Club Celta de Vigo de luns a venres durante as mañás do mes de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas. A tarifa normal será de 2 euros e a reducida de 1 euro para nenos de entre 4 e 12 anos e maiores de 65. O acceso será gratuíto para abonados do club, membros colaboradores da Fundación Celta e nenos de 0 a 4 anos.

 

O Museo Deportivo inaugurouse o 12 de marzo de 1999 e abarca toda a historia do Real Club Celta desde o seu nacemento en 1923 até os nosos días. O Museo conta con diversas salas que nos ofrecen un atractivo paseo pola historia, trofeos conseguidos, placas conmemorativas, banderines, fotografías de múltiples aliñacións, logros no baloncesto e atletismo que permitirán ao visitante lembrar e coñecer a fondo as fazañas do club vigués.

 

O museo contará cun folleto informativo gratuíto, que servirá de guía para os visitantes e permitirá coñecer algúns dos tesouros máis prezados que conserva o club. Desde a Fundación Celta continúase traballando para achegar o celtismo á sociedade e os valores que este representa, ofrecendo unha experiencia única e exclusiva durante este verán.

 

www.fundacioncelta.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas