‘O noso derbi’ desde a mirada de Hugo, Sergio, Brais e Sergi

Hugo Mallo, Sergio Álvarez, Brais Méndez e Sergi Gómez. Tres galegos, ademais de canteiráns celestes, e un catalán que, tras catro tempadas en Vigo, xa é un máis da casa. Celta Media falou cos futbolistas célticos a dous días para a disputa do derbi galego, un choque diferente para todos, incluídos os propios xogadores, que compartiron os seus recordos e valoracións deste duelo sen igual.