O Noso Derbi: despachadas 12 entradas por minuto

O RC Celta despachou esta mañá en pouco máis dunha hora, a través da venda online e nas taquillas do estadio de Balaídos, as 786 entradas para o derbi do 23 de decembro facilitadas polo Deportivo de La Coruña. A venda dos billetes completouse en concreto en 65 minutos e houbo 1.800 persoas no sistema de xeito simultáneo solicitando entradas.

Na taquilla física de Balaídos despacháronse un total de 94 entradas, o 12 % do total.