O Pabellón C.F. enriquece a relación do Celta e a súa Fundación có fútbol base galego

frima_convenio_pabellon_web_161014.jpg

Asinado un convenio de colaboración coa entidade ourensana, referente no traballo coa canteira

 

O Real Club Celta e a Fundación Celta de Vigo selaron hoxe un convenio de colaboración cun dos clubs galegos de referencia no traballo de canteira, o Pavillón C.F. de Ourense. Ao acto da firma do acordo, por tres tempadas prorrogables, asistiron o director da Fundación Celta, Germán Arteta, e o vicepresidente do club ourensán, Juan Francisco López Rodríguez, ademais de Diego Sarabia, integrante do equipo de coordinación das categorías inferiores do R.C.Celta. O club quere expresar a súa satisfacción por este acordo cunha entidade exemplar no traballo do fútbol base como é o Pabellón C.F.

 

Entre os acordos establecidos no convenio figura a organización por parte do Real Club Celta e a súa Fundación dun campus nos Remedios e a colaboración dos técnicos da canteira celeste nas actividades formativas organizadas polo Pabellón C.F., entidade á que o R.C. Celta e a súa Fundación queren agradecer a súa boa disposición para iniciar esta colaboración longamente buscada.

 

Nas categorías inferiores do Real Club Celta xogan na actualidade nove futbolistas procedentes do Pabellóns, catro deles chegados esta mesma tempada, boa proba do gran traballo que realiza a entidade que preside José Luís López no fútbol base.

 

 

Celta e Fundación continúan desta maneira ampliando a súa colaboración con clubs de toda Galicia tanto para potenciar as súas categorías inferiores como para difundir o celtismo por todo o territorio galego.

 

Leave a Reply

three × four =