O partido ante o Real Madrid modifica o seu horario: xogarase o sábado ás 20:45

LaLiga comunicou este luns a modificación do partido de Liga entre o Real Madrid e o RC Celta, fixado para este sábado 12 de maio no Santiago Bernabéu. O choque, que nun principio se programou para as 18:30 horas, disputarase finalmente ás 20:45 horas. beIN Sports LaLiga retransmitirá o choque en directo.