O porteiro celeste Iván Villar regresa coa Selección Española Sub-17

O gardameta de Aldán viaxa hoxe mesmo cara a Chipre para unirse ao combinado nacional

 

O porteiro do Real Club Celta Xuvenil Iván Villar (Aldán, 9 de xullo de 1997), regresa coa Selección Española Sub-17, concentrada en Chipre para a disputa do Pre Europeo. O gardameta celeste foi chamado polo seleccionador nacional, Santi Denia, para cubrir a baixa por lesión dun dos porteiros do combinado español no partido do próximo luns ante Noruega.

 

Iván Villar, quen chegou ao Celta en categoría alevín, uniuse a mediados deste mes á imponente lista de xogadores internacionais do Real Club Celta nas categorías inferiores da Selección Nacional. O xove porteiro de Aldán foi convocado para a disputa de dous partidos entre as seleccións de Bélgica e España no Estadio Leburton de Tubize, onde ofreceu un rendemento extraordinario.

Leave a Reply

3 × two =