O porteiro internacional Dani Sotres incorpórase ao Celta B

dani_sotres_celta_b.JPG

O filial celeste continúa perfilando o seu persoal para a tempada 2017/18 cunha nova incorporación, nesta ocasión para reforzar a portaría. O gardameta Dani Sotres (Santiago de Cudeyo, Cantabria, 1993), procedente do Atlético Levante UD, convértese en novo xogador do Celta B para a próxima tempada con opción a outras tres.

 

Sotres é un porteiro con envergadura e gran presenza. Áxil baixo paus, dominador do espazo e con bo xogo de pés, o cántabro acumula máis de 40 partidos en Segunda División B, 41 en Segunda División A, 6 en Copa do Rei e 2 en Primeira División, na que debutou co Racing Club de Santander aos 18 anos. Sotres foi internacional coa Selección Española en categoría Sub-19, Sub-20 e Sub-21.

Leave a Reply

4 × 4 =