Fran Escribá: «Fomos un equipo ordenado, pero con iso non é suficiente»


Fran Escribá analizou a derrota do RC Celta ante o Real Betis. “Non foi o estreo soñada. Non só polo resultado, senón tamén polas sensacións. Fomos un equipo ordenado, pero con iso non é suficiente”, apuntou o adestrador valenciano, que explicou a planificación de partido que tiña. “A nosa idea non era perder tantos metros como perdemos. Queriamos abrir moito o campo e xogar por fóra para facer superioridade e non lembro ningunha xogada así”, comentou.

O preparador celeste tamén destacou a actitude dos seus futbolistas. “Os xogadores dérono absolutamente todo. Estou moi contento coa súa actitude durante toda a semana e no día de hoxe, pero hai cousas a nivel futbolístico que non fixemos”, sinalou.