O potencial da canteira celeste, reflectido na lista da Sub-19 para adestramentos

santi_seleccion_web_16913.jpg

Rubén, Borja Fernández, Yelko e Santi Mina, na convocatoria

 

O potencial da canteira do Real Club Celta queda reflectido con claridade na última convocatoria, para adestramentos oficiais, da Selección Española Sub-19. Na lista facilitada pola Federación Española de Fútbol figuran catro xogadores da entidade celeste: Rubén, Borja Fernández, Yelko e Santi Mina.

 

O Real Club Celta é, xunto ao F.C. Barcelona, a entidade que máis xogadores achega a esta convocatoria para uns adestramentos oficiais que terán lugar entre os días 23 e 25 do presente mes de setembro na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

 

A canteira do club vigués, a pedra angular do proxecto céltico, continúa nutrindo ás categorías inferiores da Selección Española, que recentemente viviu o debut doutro xogador celeste, o porteiro Iván Villar, de 16 anos de idade, convocado polo seleccionador do combinado nacional Sub-17 para dous partidos en Bélxica.

Leave a Reply

16 − 11 =