Hemeroteca celtismo

O prazo para abonarse con vantaxes amplíase ata o martes ante a gran resposta do celtismo

RC Celta

taquillas_cola_balaidos_campaña_abonados_celta.jpg

O celtismo respondeu de maneira sobresaliente nos primeiros vinte e cinco días de Campaña de Abonados, especialmente na última semana, na que se chegou a superar o número de altas tramitadas a pasada tempada a estas alturas de campaña. Ante esta gran demanda, o RC Celta decidiu ampliar o prazo para xestionar o abono 2017/18 con vantaxes especiais ata o vindeiro martes 4 de xullo.

Desta forma os afeccionados que non puideron renovar o seu carné ou darse de alta durante o mes de xuño terán unha nova oportunidade para aproveitar o 5% de rebaixa, acumulable ao desconto familiar ou accionista, e a exención de suplementos en partidos designados como ‘Días do Club’.

O RC Celta agradece á afección celeste a súa extraordinaria ilusión ante o comezo dunha nova tempada, similar á de hai un ano cando o retorno á Europa League supuña un aliciente extra, e anima aos celtistas pendentes de tramitar o seu abono a que o fagan a través da web www.embarcate.rccelta.es, como xa o fixeron o dobre de afeccionados que a pasada campaña.

 

ABÓNATE EN LIÑA
A Campaña de Abonados 2017/18 ofrece por primeira a posibilidade de realizar todas as xestións, tanto de renovacións como altas, a través de internet dunha maneira cómoda e rápida. Na web www.embarcate.rccelta.es os afeccionados celestes atoparán toda a información relativa á campaña, así como unha plataforma sinxela e intuitiva coa que tramitar o carné da nova tempada.

A plataforma en liña tamén ofrece a posibilidade de xestionar o financiamento do carné a distancia. Unha vez completado o proceso, se é a primeira vez que financia o seu carné, o abonado terá que acudir a Balaídos para asinar unha autorización bancaria. En caso de non ser a primeira vez que financia o abono, poderá completar toda a xestión a través de internet.

En canto aos abonados que poidan beneficiarse do desconto FAMILIAR ou ACCIONISTA, tras xestionar o carné en liña poderán achegarse aos despachos de billetes de Balaídos cando desexen para recibir en efectivo o importe da rebaixa que lle corresponda.

Todas as xestións poden realizarse en www.embarcate.rccelta.es, operativa as 24 horas, ou o vindeiro luns e martes en Balaídos en horario ininterrompido de 09:00 a 20:00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas