O primeiro equipo recupera a todos os seus internacionais

Miguel Cardoso conta por fin con todos os xogadores internacionais. Este xoves reincorporáronse aos adestramentos do primeiro equipo Júnior Alonso, Sofiane Boufal e Okay Yokuslu tras os encontros coas súas respectivas seleccións nacionais. Os tres se adestraron xunto ao resto de futbolistas dispoñibles no céspede do estadio ABANCA Balaídos.