Celta media

O RC Celta abre as portas da súa sede ao equipo Celta Integra

RC Celta





kWidget.embed({
“targetId”: “kaltura_player_1510144449”,
“wid”: “_3001118”,
“uiconf_id”: 30023330,
“flashvars”: {
“streamerType”: “hds”
},
“cache_st”: 1510144449,
“entry_id”: “0_3g5fjqtm”
});


Esta semana a Fundación Celta Integra foi protagonista na sede social do RC Celta, onde o club vigués realizou unha recepción a todos os compoñentes do equipo celeste. O persoal do Celta Integra foi recibida polo presidente Carlos Mouriño e tivo a oportunidade de coñecer as oficinas da entidade viguesa en Praza de España. Os xogadores desbordaban ilusión na súa visita ao cuartel xeral do RC Celta, pero esta disparouse cando Iago Aspas e Stanislav Lobotka fixeron acto de presenza para saudarlles e compartir un intre con eles.

A Fundación Celta Integra estreouse o pasado outubro ao grande na competición LaLiga Genuine, na que gañaron o tres partidos da primeira xornada disputada en Villarreal. A comezos de 2018, entre o 19 e o 21 de xaneiro, o equipo desprazarase a Tarragona para disputar a segunda fase do campionato. LaLiga Genuine finalizará cunha xornada en Mallorca en abril e a definitiva en Vigo no mes de xuño.

RC Celta

Etiquetas

Celta media Celta media Celta media

Noticias recomendadas