O RC Celta agradece á súa afección o seu apoio e exemplar comportamento no primeiro partido de Liga

O RC Celta quere expresar o seu agradecemento á afección polo seu apoio e o seu exquisito comportamento no partido inaugural da presente tempada, disputado o pasado sábado ante o Real Madrid. O estadio de Abanca Balaídos rexistrou a mellor entrada no últimos catro anos con 23.566 espectadores, un dato que avala a gran ilusión do celtismo nesta campaña que acaba de comezar.

O gran comportamento da afección celeste no encontro queda patente no informe elaborado por LaLiga, que non recolle ningunha incidencia relacionada co público no estadio (achégase documento). O club quere destacar este exemplar comportamento do celtismo, exclusivamente envorcado en animar ao RC Celta, por tanto a total ausencia de condutas susceptibles de denuncia.