O RC Celta B asina un gran encontro ante Las Palmas Atlético (1-0)

O RC Celta B conseguiu este domingo en Barreiro un importante triunfo ante Las Palmas Atlético (1-0). Os de Onésimo foron moi superiores ao filial amarelo e conseguiron o tres puntos grazas a un gran gol de Jacobo antes do descanso. Na segunda metade, os xogadores celestes acumularon numerosas ocasións que non puideron transformar para ampliar a vantaxe.