O RC Celta B cae ante o poder ofensivo da Cultural (3-1)

Foto: Cultural e Deportiva Leonesa

O RC Celta B caeu este domingo en León (3-1) ante a Cultural e Deportiva Leonesa nun partido no que os celestes conseguiron adiantarse no marcador cun gol de Álex Serrano. Os de León, líderes da competición, lograron darlle a volta no marcador na segunda metade. Ata catro xogadores xuvenís disputaron minutos co filial do RC Celta.

FICHA TÉCNICA

3 – Cultural e Deportiva Leonesa: Palatsí; San Emeterio, Iván González, Pablo Vázquez, Jiménez; Yeray, Sergio Marcos; Ortiz (Liberto, min.60), Señé, Capela (Kawaya, min.79); Dioni.

1 – RC Celta B: Iván; Sergio, Manu Farrando, Rai, Ros; José, Losada; Álex, Dani, Pastrana (Lautaro, min.79); Apeh.

Goles: 0-1, Serrano (p), min.37; 1-1, Iván González, min.43; 2-1, Señé, min.56; 3-1, Yeray, min.65.

Árbitro: Pardeiro Ponte (Colexio Cántabro) Amoestou  a Sergio Marcos e Palatsí (Cultural) e a Farrando e Apeh, (RC Celta B).

Campo: Reino de León