O RC Celta B cae en Valladolid nun igualado partido (1-0)

O RC Celta B caeu este sábado ante o Real Valladolid B nun disputado encontro no que ambos os equipos dispuxeron de ocasións. Tras un primeiro tempo sen ocasións, os locais adiantáronse no marcador aos poucos minutos da continuación.

FICHA TÉCNICA

1 – R. Valladolid B: Guille; Raúl Navarro, Curral, Mario, Salisu, Jaime, Pedrosa (Abel, minuto 86), Javi Pérez, Miguel, Alberto (Carrascal, minuto 68) e Pablo (Case, minuto 77).

0- RC Celta B: Iván Villar; Sergio (Pampín, minuto 65), Juan, Robert Costa, Rai (Solís, minuto 58), Diego Alende, Sergio Bermejo, Álex Serrano, Manu, Ibán Salvador e Dani (Pastrana, minuto 77).

Goles: 1-0, Mario, min 48

Árbitro: Carbajales Gómez-Leandro (comité asturiano). Amoestou a Jaime, Pedrosa e Mario (R. Valladolid B); e a Diego Alende, Álex Serrano e Ibán Salvador (RC Celta(

Campo: Anexos José Zorrilla