O RC Celta B cae pola mínima ante o Burgos (0-1)

Un temperán gol do Burgos provocou a derrota do RC Celta B este sábado en Barreiro. O equipo dirixido por Rubén Albés tento igualar o encontro por todos os medios, pero o conxunto visitante defendeu a súa vantaxe ata o asubío final.

FICHA TÉCNICA

0-RC Celta B: Iván Villar; Manu, Ros, Alende, Fontán (Pampín, min.46), Álex Serrano, Solís, Dani Molina, Ibán Salvador (Pastrana min.66), Dani Veiga e Eckert (Apeh min.66).

1-Burgos: Saizar; Aldalur, Kevin, Canteiro, Undabarrena; Borda, Goti (Annor min92), Jagoba, Adrían Cruz (Jaso min.86), Machuca (Toni min.82) e Cervero.

Gol: 0-1 Goti, min 1.

Árbitro: Enrique Gao Aladro, do comité asturiano. Amoestou a Manu e Álex Serrano (Celta B), e a Saizar, Aldalur, Kevin, Canteiro, Jagoba, Cervero, Cruz e Borda (Burgos).

Campo: Barreiro (500 espectadores).