O RC Celta B comezará a liga ante o Internacional de Madrid

A RFEF deu a coñecer este luns o calendario de liga en Segunda B para a próxima tempada. O RC Celta B estrearase na competición visitando ao Internacional de Madrid o próximo 25 de agosto. Unha semana despois chegará o debut en Barreiro ante a UD Melilla. Na última xornada, os de Jacobo Montes visitarán ao Getafe CF B. Os tres derbis galegos (Pontevedra, Coruxo e Racing Club Ferrol) xogaranse en xornadas consecutivas: 10, 11 e 12 na primeira volta e 29, 30 e 31 na segunda.

Podes consultar o calendario completo AQUÍ