O RC Celta B comeza a pretempada este martes

O RC Celta B comenzará a pretempada este martes 16 de xullo na Madroa. O filial celeste, dirixido esta campaña por Jacobo e Marcos Montes, compaxinará a súa preparación cunha serie de partidos amigables antes de comezar a liga en Segunda División B a finais de agosto. Entre os rivais xa confirmados en pretempada destacan o Ourense CF (31 de xullo), Oporto B (3 de agosto), Braga B (7 de agosto) e Choco (11 de agosto).