O RC Celta B dáse un festín ante o Internacional (5-0)

O RC Celta B goleou este domingo ao Internacional de Madrid (5-0) nun partido importante para escalar posicións na clasificación. Ambos equipos dispuxeron de ocasións de perigo durante o primeiro tempo, pero foi despois do descanso cando os de Rubén Albés pasaron por encima do seu rival e asinaron a maior goleada da presente tempada.

FICHA TÉCNICA

5 – RC Celta B: Iván Villar, Carreira, Ros, Robert Costa (Manu, min 65), Alende, Rai, Álex Serrano, Dani Veiga (Pastrana, min 60), Bermejo, Ibán Salvador e Apeh (Mancebo, min 72)

0 – Internacional de Madrid: André, Aitor, Ferreiro, Fran, Almeida, Monroy, Calderón, Pina (Alfonso, min 62), Fran Cortés (Rufo, min 75), Filipe (Alberto, min 62) e Tamayo

Goles. 1-0 Bermejo, min 47; 2-0 Álex Serrano, min 49; 3-0 Ibán Salvador, min 59; 4-0 Pastrana, min 62; 5-0 Pastrana, min 79.

Árbitro: Sergio Carrero, do comité catalán. Amoestou a Robert Costa, Álex Serrano (RC Celta), Monroy (Inter)

Campo: Barreiro